Bienvenue sur le wiki de Nuit debout, nous sommes le 2981 mars.




Maquintei

De NuitDebout
Aller à : navigation, rechercher

# PARTICIPACIÓN CIDADÁ[modifier | modifier le wikicode]

# Creación unha concellería de participación cidadá.[modifier | modifier le wikicode]

Haberá un concelleiro dedicado a manter e propiciar o diálogo co Foro ou Asemblea de cidadáns, facilitando a súa organización e dotándoa dos medios adecuados.

# Creación de un Foro Cidadá.[modifier | modifier le wikicode]

Se convocará unha Asemblea constituínte do FORO cidadá, no que poderán integrarse todas as persoas censadas no Concello, maiores de 16 anos. A mesma elaborará un regulamento para o seu funcionamento, que deberá ser ratificado polo pleno do Concello, e soamente se poderá modificar por decisión da maioría absoluta da Asemblea.

# Fomento e promoción do Foro Cidadá.[modifier | modifier le wikicode]

O Foro terá un carácter permanente, constituído en Asemblea, rexéndose polo regulamento que o mesmo estableza, por acordo da maioría dos membros inscritos. A súa función será a de reunirse regularmente (por exemplo, cada 1, 2 ou 3 meses) para recibir información sobre a xestión municipal, expor demandas ou reclamacións, e propoñer medidas que se someterán o pleno do concello, para a súa aprobación.

Unha alternativa, sería a reconversión en Foro ou Asemblea Permanente das candidatura Municipalistas, xa que as mesmas tería a potestade de exixir a dimisión voluntaria de aqueles dos seus candidatos que habendo resultado elixidos, non cumpran o programa prometido, pasando os seguintes na lista.

# Redefinir a normativa de participación cidadá[modifier | modifier le wikicode]

  1. Revisar a figura do Valedor do Cidadán, que debe ser elixido directamente, en votación separada cando as Municipais. Colaborará estreitamente co foro, realizando funcións de defensa e intermediación entre os veciños, ante os conflitos co concello.

# Creación de ferramentas e canles, tanto físicas como dixitais de participación[modifier | modifier le wikicode]

  1. Un foro mixto, xestionado a través de Internet, pero coa posibilidade de debate directo, por exemplo, nun medio (radio, TV ou Prensa) onde formular propostas, debatelas e configuralas como medidas a propoñer o pleno do concello, aberto a tódalas persoas.

# Promoción da participación cidadá ( achegamento a administración pública)[modifier | modifier le wikicode]

  1. Política de “Portas Abertas”, visitas, especialmente de escolares, para informar de cómo funciona o Concello, creando sinerxías respecto a implicación da cidadanía

# Facilidade na presentación de iniciativas populares[modifier | modifier le wikicode]

Coa obrigatoriedade de tratamento e voz por parte das persoas promotoras.

  1. Cando menos unha vez cada trimestre, o Concello celebrará un pleno para oír as propostas ou demandas aprobadas no FORO ou Asemblea Permanente

# Potenciar as consultas cidadáns[modifier | modifier le wikicode]

Establecendo a súa obrigatoriedade e carácter vinculante cando se trate de facer cambios lexislativos significativos ou que teñan que ver cos dereitos e liberdades das persoas.

# Creación e posta en marcha de comisións cidadás que fiscalicen os servizos que presten as contratas municipais[modifier | modifier le wikicode]

  1. No FORO constituiranse comisións de estudo e investigación, para a valoración e seguimento dos servizos municipais ou municipalizados, para informar o pleno da Asemblea, que tomará as decisións pertinentes.

# PROMOCIÓN E FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E COOPERATIVISMO[modifier | modifier le wikicode]

# Crearase unha Oficina para o fomento de cooperativismo e asocianismo[modifier | modifier le wikicode]

Supervisada por unha Comisión delegada do pleno, en estreita colaboración cos organismos autonómicos reguladores, así como coas Asociacións de Cooperativas, coordinaranse axudas e divulgación das prácticas cooperativas, facilitando a formación e asistencia aos promotores, así como apoio e promoción, das Cooperativas como solucións aplicables a empresas privadas en crise.Ao mesmo tempo, se prestará apoio as iniciativas para a formación de Asociacións de persoas vinculadas a actividades sociais, deportivas, lúdicas e profesionais, sen animo de lucro.

# Unha alternativa as ETT[modifier | modifier le wikicode]

As persoas en situación de Paro, principalmente, os de longa duración, serán obxectivo preferente para ofrecerlles a posibilidade de implicarse en Cooperativas de Traballo Asociado, en condicións especiais, semellantes as previstas para las ETT, pero baixo criterios de solidarizade, colaboración e coa perspectiva de que as prestacións ou axudas económicas percibidas, se podan utilizar para a formación de un capital cooperativo, para ofrecer servizos diferenciados, administrando os propios traballadores as condicións e quendas a xestionar democráticamente.

# APOIO AS FINANZAS ÉTICAS[modifier | modifier le wikicode]

Apoio decidido as entidades financeiras sen ánimo de lucro, (Como COOP57 e FIARE). Creación dunha Caixa de Aforros Popular, sen ánimo de lucro, para recoller o aforro popular, prestar servizos financeiros, e contribuír o desenrolo da economía local, administrada por unha Asemblea Popular (constituída por representantes do concello, dos clientes e dos traballadores da entidade), tutelada polos concellos da bisbarra onde teña a súa actividade, mellorando as experiencias tradicionais que, en vez de ser corrixidas, foron suprimidas por unha política ao servizo das oligarquías financeiras internacionais.

Tamén podería asumir a función de xestionar e facilitar a implantación de outras alterativas populares como “Banco de Horas”, mercado de “TROCO”. Moedas socias, etc., proporcionando un sistema de xestión virtual que permitiría, de ser necesario, financiar o presuposto Municipal, sen pagar xuros, a través dunha plataforma Virtual de Crédito mutuo, no que os acredores locais do concello aceptarían ser pagados con moeda virtual.

# INTEGRACIÓN NUN FORO OU ASEMBLEA NACIONAL, DOS FOROS OU ASEMBLEAS LOCAIS OU DE BISBARRA[modifier | modifier le wikicode]

# Constitución dun ámbito Asembleario a nivel nacional ou autonómico, integrado por Delegacións dos Foros locais[modifier | modifier le wikicode]

Dita Asemblea terá como función coordinar os acordos dos Foros Locais, para accións a nivel estatal ou autonómico, organizar primarias, e fiscalizar a acción dos órganos electos a nivel estado ou autonomía. A toma de decisión será por voto delegado, xa que os acordos tomaranse nas Asembleas locais.

maq@intergal.coop. - M.A. Quinteiro - 669781006